InnovaPeme 2020. Plans de innovación para mellorar a capacidade innovadora de micropemes e pemes

A Xunta de Galicia publicou a convocatoria InnovaPeme 2020. Son axudas ás pemes destinadas ao financiamento do custo das actividades integradas en plans de innovación, que lles permitan sistematizar os procesos de innovación da empresa e estean aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.

·Tipo de convocatoria: Convocatoria en réxime de concorrencia competitiva

·Tipo de axuda: Subvención a fondo perdido.

·Incentivo: 50% dos custos de implementación do plan de innovación da empresa (Axudas entre 40.000€ e 100.000€)

Beneficiarios

As axudas deste programa poderán ser solicitadas por:

  • Microempresas, pequenas e medianas empresas individuais, de acordo coas definicións do Anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014
  • Domicilio social ou centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que solicitan a axuda

Datas e procedemento de presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse de xeito electrónico a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

O prazo para presentar as solicitudes finaliza o 18/06/2020.

Data de publicación DOG: 19/02/2020

Detalles da programación de eventos

  • 18 Xuño 2020
Inscribirse
Compartir
Engadir ao Calendario