InnovaPEME 2023: Axudas para a mellora da capacidade de Innovación

Obxecto da axuda

Axudas dirixidas ás pemes, destinadas á financiación das actividades integradas en plans de innovación que lles permitan o fortalecemento nas áreas relevantes para a sistematización e internacionalización dos procesos de innovación da empresa e que estean alineados cos retos da RIS3 para Galicia.

Organismo convocante

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN (GAIN)

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicitan a axuda. Este ano as empresas TIC e as entidades sen ánimo de lucro poderán ser beneficiarias.

Quedan excluídas as beneficiarias de Innovapeme desde o ano 2020 e que non renunciaran expresamente.

Actividades elixibles

  • Serán actividades subvencionables aquelas incluídas nun Plan de Innovación que deberá reunir, necesariamente, as seguintes características:
  • Deberá reunir un conxunto completo e coherente de actividades que permita implementar e/ou incrementar as capacidades innovadoras da empresa solicitante.
  • A súa duración mínima será dun ano e a máxima estenderase ata o 30 de setembro de 2023.
  • As actividades subvencionadas serán:
    1. Actividades de innovación, destinadas principalmente a corrixir deficiencias de mercado relacionadas con externalidades positivas, deficiencias de coordinación e, en menor medida, información asimétrica.
    2. Actividades de innovación en procesos, que se refiren a innovar nun proceso novo e mellorado para unha ou máis funcións de negocio que difiren significativamente do proceso de negocio anterior da empresa no que se poñen en uso por primeira vez na empresa.
    3. Actividades de innovación na organización, que se refiren a un método novo ou mellorado para unha ou máis funcións relacionadas coa organización empresarial e as súas interaccións que difiren significativamente dos métodos anteriores da empresa e que se poñen por primeira vez na empresa.

Gastos elixibles

Para as actividades de innovación, os gastos serán os seguintes:

  • Auditoría/consultoría en produto/servizo. Análise da carteira de produto/servizos dirixidos a adecuar as actividades de innovación en procesos e organización.
  • Estudos de viabilidade técnica e industrial, económica e/ou de mercado previos ao desenvolvemento do produto ou servizo. Estudos de satisfacción e detección de necesidades.
  • Protección de propiedade industrial.
  • Elaboración de estudos do estado da arte previos á xestión da propiedade industrial, a solicitude de patentes, modelos de utilidade e outras licenzas; vixilancia e prospección tecnolóxica.
  • Xestión de solicitudes de novas patentes, modelos de utilidade e outras licenzas. Exclúese o mantemento e ampliación das existentes.
  • Asesoramento para a transferencia de tecnoloxía.
  • Obtención de certificacións de normas oficiais vinculadas cos obxectivos innovadores presentados na memoria técnica de solicitude.
  • Asesoramento para a xestión de proxectos colaborativos de I+D+i.
  • Asesoramento para o acceso e financiamento da innovación a través de instrumentos financeiros e axudas públicas, así como fondos de capital risco.

Para as actividades en procesos, os gastos serán os seguintes:

  • Métodos de fabricación ou produción de bens ou servizos innovadores.
  • Sistemas loxísticos e métodos de entrega ou distribución.
  • Métodos de procesamento de información ou comunicación con intensificación tecnolóxica, contabilidade ou outras operacións administrativas, marketing para promoción, embalaxe, fixación de prezos, posicionamento de produto ou servizo pós-venda.
  • Innovación en procesos con beneficios medioambientais que xere impactos medioambientais positivos ou reduza os negativos en comparación cos anteriores.
  • Probas a escala preindustrial e pilotos de tecnoloxías facilitadoras (TFE) relacionadas coa fotonica, nanotecnoloxía, biotecnoloxía, materiais avanzados e fabricación e procesamento avanzado.
  • Tecnoloxías que permitan a comunicación e o tratamento de datos con intensificación tecnolóxica (exclúense as TIC de uso común).
  • Tecnoloxías que faciliten a xestión intelixente das operacións, así como o traballo colaborativo.

Para as actividades en organización, os gastos serán os seguintes:

  • Deseño e desenvolvemento de novos procesos de organización que afecten aos métodos de produción, distribución, así como á experiencia de usuario no sector industrial e en servizos.
  • Validación, a través de pilotos de novos métodos organizacionais de negocio que supoñan cambios na xestión interna de organización e na xestión de relacións co exterior.
  • Creación de departamentos e unidades de I+D+i.

Considerarase que as axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se presentou antes do comezo do plan.

En consecuencia, a data de inicio das actividades integradas no Plan de innovación deberá ser sempre posterior á data de presentación da solicitude da axuda. De non cumprirse esta condición, non se poderá financiar ningún gasto derivado dese plan.

Serán subvencionables para a anualidade de 2023 aqueles gastos comprendidos entre a data da solicitude e o 30 de novembro de 2023. Para a anualidade de 2024 serán subvencionables os gastos realizados entre o 1 de decembro de 2023 e o 15 de outubro de 2024.

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

  • Tipo de ayuda: Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.
  • Cuantía: O orzamento subvencionable será dun mínimo de 50.000 euros e dun máximo de 150.000 euros (subvención entre 25.000 € e 75.000 €).
  • Intensidad de ayuda: A intensidade da axuda será do 50% da inversión total.

Presentación de solicitudes

Data límite para presentar solicitudes: 14 de agosto de 2023. Forma de tramitación: As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Event Schedule Details

  • 14 Agosto 2023
Compartir
Engadir ao Calendario