A transformación dixital conduce a novos xeitos de produción, novos produtos e novos modelos de negocio para o sector agroalimentario. A industria 4.0 ofrece importantes oportunidades e desafíos para a cadea de valor agroalimentaria, e os datos correctos e fiables son esenciais para superar estes desafíos. A captura, o procesamento e a análise de datos son o núcleo de todo proceso de dixitalización. Ademais, os datos deben recompilarse e compartirse dende a granxa ata a mesa, ao longo da cadea de valor.
Co evento físico e virtual “It’s all about data! Oportunidades na cadea de valor agraoalimentaria”, que terá lugar os días 25 e 26 de novembro, EIT Food , a Asociación Smart Sensors 4 Agri-food, da que o Clúster Alimentario de Galicia forma parte, e o consorcio INNOSUP -01 S3FOOD , teñen como obxectivo apoiar ás pemes nesta transición dixital.
Durante o primeiro día do evento, amosaranse casos de éxito de proxectos relacionados con esta cuestión, entre os que se atopa SAFETRACK, dos socios do Clusaga Triple Alpha, unha plataforma cruzada de monitoreo de rendemento e seguridade alimentaria a cargo do CEO da empresa, Alvaro Dosil.
Ademais, os asistentes ao evento poderán visitar un dos dous “Living Labs” que se presentarán durante a xornada: Food Pilot, de ILVO e Flanders ‘FOOD, que axuda a empresas a mellorar produtos ou procesos de produción; e o Living Lab Agrifood Technology de ILVO, que axuda a empresas e sectores coa inxeniería de procesos agroalimentarios.
O segundo día do evento presentaranse as oportunidades de financiación nos programas europeos, seguidas de sesións virtuais d matchmaking entre diferentes organizacións e partes interesadas.
A participación no evento é de balde baixo reserva, tanto no formato presencial coma virtual.