Obxecto da axuda
Financiar o desenvolvemento de 15 teses de doutoramento na contorna empresarial, baseadas en proxectos de investigación que impliquen unha colaboración efectiva entre unha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía, e unha universidade do Sistema Galego Universitario (SUG).
Organismo convocante
A Axencia Galega de Innovación e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Beneficiarios
- Empresas e centros de innovación e tecnoloxía con sede en Galicia que desexen contratar investigadores ou investigadoras predoutorais para realizar un proxecto de investigación industrial en colaboración cunha universidade do SUG.
- Universidades do SUG que desexen participar na execución dun proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental que se desenvolva en colaboración cunha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía en Galicia.
Actividades elixibles
- Ter nacionalidade dun estado membro da Unión Europea.
- Estar matriculadas ou en disposición de cumprir os requisitos para matricularse nun programa oficial de doutoramento dunha universidade do SUG de acordo coa ordenación académica aplicable no curso 2023/2024 ou 2024/2025.
- A data de finalización dos estudos deberá ser nos últimos cinco anos, con certas excepcións nas que poderá ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2017.
Gastos elixibles
- Custos de contratación da persoa doutoranda.
- Gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período da estadía.
- Outros gastos relacionados co proxecto de doutoramento industrial: viaxes e axudas de custo da persoa contratada, pequeno equipamento e material funxible, servizos tecnolóxicos externos, formación.
- Estadías de tres meses de duración no estranxeiro, para formación da persoa doutoranda.
Tipo, cuantía e intensidade da axuda
A Axencia Galega de Innovación asumirá o financiamento das empresas e centros de innovación e tecnoloxía.
A Secretaría Xeral de Universidades financiará as axudas correspondentes ás universidades do SUG.
- Tipo de axuda: Axuda a fondo perdido.
- Cuantía:
- Importe máximo: 24.000 € anuais de contratación da persoa doutoranda.
- Complemento de 1.000€ anuais por axuda para cubrir os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía.
- O importe máximo da axuda concedida á universidade para o desenvolvemento do proxecto de doutoramento industrial será de 10.000€ anuais.
- Importe máximo: 6.000 € (en función da zona de destino) anuais por axuda para cubrir as estadías de tres meses de duración no estranxeiro, para formación da persoa doutoranda.
- Importe máximo: 5.000 € anuais para outros gastos: viaxes e axudas de custo da persoa contratada, pequeno equipamento e material funxible, servizos tecnolóxicos externos, formación.
- Orzamento total do programa: 1.890.000 €.
Presentación de solicitudes
A partir do 02/10/2024 ata o 04/11/2024 co código de procedemento: IN606D.
A solicitude debe presentarse exclusivamente de forma telemática na Portada – Sede Electrónica – Xunta de Galicia pola empresa ou centro de innovación e tecnoloxía.