O ciclo de xornadas promovido pola Comisión de Innovación e I+D do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) para analizar os retos estratéxicos do sector alimentario chega á Universidade da Coruña o venres 14 de febreiro en horario de 9.30 a 12.30 horas.
Concretamente, será o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) no Campus de Elviña da Universidade da Coruña (UDC) quen acolla esta xornada que contará coa intervención de Julio E. Abalde, reitor da UDC, Salvador Naya, vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC, e Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN) no acto de benvida.
Pola súa banda, Jaime Rodríguez, director do CICA, Susana Ladra, directora do Campus Innova, e Andrés Faíña, catedrático Jean Monnet de Economía Industrial Europea da UDC, presentarán a xornada.
Roberto Alonso, xerente de Clusaga, Iago Candal, xerente de deseño e innovación de DS Smith Iberia e Julián Hernández, xerente do departamento de marketing de Vegalsa Eroski presentarán os obxectivos e retos da Comisión de Innovación e I+D.
Finalmente, Manuel Bustabad, responsable de Transferencia Tecnolóxica e Innovación do CITIC, Julia Fernández, responsable da área Estratexia, I+D+i e Promoción do CICA e os grupos de investigación da Universidade da Coruña con proxectos vinculados ao sector alimentario poderán a súa actividade para compartir e intercambiar ideas.