Xornada de presentación do portal Galicia Food & Drink en Alibaba.com

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), co apoio da Xunta de Galicia, puxo en marcha o agregador Galicia Food & Drink en Alibaba.com. Nesta iniciativa participan, polo momento, 20 empresas socias, as cales comparten minisite dentro deste portal e-commerce B2B.

O martes 16 de marzo ás 9.30 horas, Clusaga presentará este portal creado en Alibaba.com nunha sesión online que será inaugurada por Augusto Álvarez-Borrás, director da área de internacionalización do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Pola súa banda, Adoración López, CEO de Innova Dixital Export, e Enrique Molina, consultor e-commerce de Innova Dixital Export, presentarán as diferentes marcas que participan nesta plataforma, as oportunidades que ofrece o portal de Alibaba e o funcionamento do minisite Galicia Food & Drink. Finalmente Roberto Alonso, director de Clusaga abordará o plan de seguimento e próximos pasos do proxecto.

A esta sesión poden inscribirse unicamente as entidades que forman parte do agregador Galicia Food & Drink, que foi promovido pola Comisión de Mercados e Internacionalización de Clusaga, ou calquera outra que sexa socia do Cúster que estea interesada en unirse ou coñecer este minisite.

A inscrición debe realizarse a través do formulario que aparece facendo clic no botón “inscribirse” que se mostra a continuación.

Event Schedule Details

  • 16 Marzo 2021
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario