XORNADA PROALIS+ Webinar: “Estratexias de Impacto contra o Desperdicio Alimentario: Como elevar o teu plan de prevención e redución”

A xestión do desperdicio alimentario consolidouse como un piar fundamental para a sostibilidade da industria alimentaria. Máis alá do cumprimento dos marcos normativos, a prevención de perdas é unha vía directa para a optimización de recursos e o fortalecemento do compromiso social das empresas.

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza esta xornada técnica dentro do programa PROALIS+, a plataforma de referencia para impulsar a sostibilidade no sector alimentario galego. Contaremos coa visión de AECOC, a presentación das guías para elaborar os plans de prevención e redución do desperdicio alimentario por FIAB, o caso de éxito de Vegalsa-Eroski e as solucións prácticas de Too Good To Go e a Federación Española de Bancos de Alimentos.

Obxectivos da Sesión:

  • Analizar as tendencias e datos clave de 2025 en materia de desperdicio alimentario a nivel nacional.
  • Directrices para elaborar un correcto plan de prevención e redución do desperdicio alimentario.
  • Coñecer estratexias empresariais reais que integran a prevención no modelo de xestión.
  • Explorar ferramentas para a activación do consumidor e a dixitalización da doazón social e da medició de impactos.
  • Impulsar o valor compartido e a contribución co consumidor a través da xestión responsable do excedente.

A quen vai dirixido: Especialmente deseñado para Responsables de Sostibilidade, Responsables de RSC (Responsabilidade Social Corporativa), Calidade e Medio Ambiente que busquen ferramentas prácticas para os seus plans de prevención e fortalecer a sua responsabilidade social e alianzas.

Datos do evento:

  • Data: 29 de abril de 2026.
  • Hora: 10:00 h.
  • Duración: 1 hora e 40 minutos.
  • Formato: Online.
  • Coste: Gratuíto.

Eleva o teu plan de prevención ao desperdicio alimentario a un nivel superior. Inscríbete agora e asegura a túa praza.

 

ORGANIZA:

         

COLABORA:

        

Event Schedule Details

  • 29 Abril 2026
Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp