Lexislación, marcos de reportes e novos requirimientos no eido da sustentabilidade

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza no mes de novembro o ciclo de webinars “Lexislación, marcos de reportes e novos requirimientos no eido da sustentabilidade” para continuar apoiando ás empresas alimentarias de Galicia a adaptarse aos novos requirimentos, tanto lexislativos como de subvencións, relacionados coa sustentabilidade e a innovación.

O ciclo, dividido en tres sesións, abordará temas coma as novidades en lexislación e necesidades administrativas relacionadas cos envases; as memorias de sustentabilidade e os diferentes marcos de reporte actuais, así como a importancia de verificar o cumprimento do principio Do No Significant Harm (DNSH) nos proxectos de innovación subvencionados.

Esta iniciativa, levada a cabo en colaboración coas empresas socias de Clusaga PFS Grupo e Oca Global, desenvolverase os días 21, 28 e 30 de novembro de 2023, en horario de 10.00 a 11.00 horas.

Para participar neste ciclo de webinars é necesario inscribirse a través do formulario que aparece a continuación. Pódese asistir de xeito puntual a un único webinar, pero é recomendable participar no ciclo completo. Para máis información, pódese consultar o programa completo ou contactar con Clusaga no correo circular@clusaga.org ou no teléfono 881 023 853.

Detalles da programación de eventos

  • 30 Novembro 2023
Compartir
Engadir ao Calendario