EO Ministerio de Industria, Comercio e Turismo está a promover a inminente publicación das axudas 2022 vinculadas cos plans de innovación e sustentabilidade no ámbito da industria manufactureira. Estas axudas están enmarcadas no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
A Orde de bases correspondente é Orde ICT/ 789 2021 do 16 de xullo (BOE 23 07 2021) e a Orde ICT/ 309 2022 do 31 de marzo (BOE 12 04 2022 pola que se modifica a Orde ICT/ 789 2021 do 16 de xullo.
Convocatoria xeral (todo o sector manufactureiro)
Orzamento 2022: 150 M€ (91 M€ préstamo 59 M€ subvención)
Prazo de solicitude: do 10 ao 31 de maio
Prazo de execución das inversións: desde o día seguinte á presentación da solicitude e ata 24 meses desde a data de resolución da concesión.
Liña de axudas a plans de innovación e sustentabilidade no ámbito da industria manufactureira son as seguintes:
Liña de Investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en organización e/ou procesos. Esta liña de actuación contempla:
Liña de Innovación en sustentabilidade e eficiencia enerxética. Esta liña contempla:
Cada proxecto debe enmarcarse nunha única liña de actuación e cada entidade poderá presentar unha ou varias solicitudes nesta convocatoria. Cada solicitude conterá un único proxecto.
Poderán ser beneficiarios aqueles que realicen as seguintes actividades industriais:
Actividades de produción a escala industrial-CNAE 10 a 32
Actividades de valorización a escala industrial- CNA 38.3x*
Actividades complementarias á produción industrial-CNAE82.92*, 52.10*, 33*
Actividades de servizos á industria-CNAE 71.12 e 71.20 con excepcións. É a CNAE da actividade que se desenvolve no proxecto, non do obxecto social.
A experiencia industrial esixida a data de fin de prazo de solicitude é >3 anos.
Para cada liña de actuación financiaranse os seguintes conceptos:
Financiarase:
É financiable a diferenza entre o investimento para realizar e un investimento de referencia. Débese xustificar a mellora na eficiencia enerxética e a sustentabilidade.
A contía do orzamento de 2022 en concepto de préstamo é de 91 M€ e en concepto de subvención é de 59 M€.
Para cada proxecto, o financiamento total a conceder, subvención máis préstamo nominal, será como máximo o 80% sobre o orzamento financiable.