Liña Directa de Innovación

Obxecto da axuda

Apoio a proxectos de carácter aplicado, moi próximos ao mercado, con risco tecnolóxico medio/baixo e curtos períodos de recuperación da inversión, que consigan mellorar a competitividade da empresa mediante a incorporación de tecnoloxías emerxentes no sector.

Organismo convocante

Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico (CDTI)

Beneficiarios

Empresas. Non poderán ser beneficiarias as grandes empresas que non se atopen nunha situación comparable a unha cualificación crediticia de polo menos B-.

Actividades elixibles

Apoio a empresas con proxectos de innovación tecnolóxica con algunha/s dos seguintes obxectivos:

Incorporación e adaptación activa de tecnoloxías emerxentes na empresa, así como os procesos de adaptación e mellora de tecnoloxías para novos mercados.

Aplicación do deseño industrial e enxeñaría de produto e proceso para a súa mellora.

Aplicación dun método de produción ou subministración novo ou significativamente mellorado, incluídos cambios significativos en técnicas, equipos e/ou programas informáticos.

Gastos elixibles

      Neste proxectos apoia-se a adquisición de activos fixos novos que supoñan un salto tecnolóxico importante para a empresa que realiza o proxecto. Son elixibles os custos de persoal; materiais e consumibles; contratación de servizos externos e subcontratacións; custos de auditoría e custos da validación do cumprimento do principio DNSH.

De xeito xeral, as colaboracións externas non poderán superar o 80% do orzamento elixible.

A formalización das inversións e gastos deberá ser posterior á data de presentación da solicitude.

Unha vez completada, a inversión deberá manterse no lugar de desenvolvemento do proxecto, polo menos durante cinco anos, sempre que o proxecto sexa cofinanciado con fondos FEDER.

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

  • Tipo de ayuda: Axuda parcialmente reembolsable.
  • Cuantía: Axuda de ata o 75% do orzamento aprobado (ata o 85% se vai cofinanciada con FEDER).

Intensidad de ayuda: Tramo non reembolsable (calculado sobre un máximo do 75% do orzamento aprobado):

Fondos CDTI: 4%

Fondos Europeos: 7%

Presentación de solicitudes

Fecha límite para presentar solicitudes o 31 de decembro de 2023. Forma de tramitación: Aplicación online CDTI.

Event Schedule Details

  • 31 Decembro 2023
Compartir
Engadir ao Calendario