Manifestación de Interese | Participación agrupada no Pavillón Galicia FoodTech da Feira Food 4 Future

Food 4 Future – ExpoFoodTech

A Feira expositiva Food 4 FutureExpoFoodTech, que se celebra do 16 ao 18 de abril en Bilbao, converteuse nunha plataforma de innovación para o sector da alimentación e as bebidas; un lugar de encontro onde atopar casos, tendencias, novas tecnoloxías e solucións para a sustentabilidade, a saúde e a dixitalización en toda a cadea de valor alimentaria.

En concreto, salientan as aplicacións de automatización, de tecnoloxía de datos ou de técnicas de procesamento, xunto co feito de que esta plataforma permite ás empresas de tecnoloxía e foodtech presentar as súas solucións para atraer novos clientes. Deste xeito, Food 4 Future é unha xanela para que as entidades mostren os seus produtos e coñezan aos seus compradores.
Nesta liña, Food 4 Future crea o FoodTech Startup Forum, que busca a novas empresas que poderían impactar no sector foodtech para axudalas a atopar investidores, capital risco, empresas líderes e outras colaboracións.

Pavillón Galicia FoodTech en Food 4 Future

Ante a oportunidade que supón este encontro, Clusaga está a promover a participación agrupada no evento a través de dúas modalidades: por unha banda, para proxectos de emprendemento da Business Factory Food (BFFood) e, por outra, para empresas innovadoras e do ámbito tecnolóxico que sexan socias do Clúster.

Participación na exposición

  • Pavillón de 80 m2 na zona de startups (inclúe mobiliario e branding), con capacidade de ata 12 stands
  • Stand personalizado de 6 m2 con 1 Tótem coa imaxe da entidade e 1 mostrador modular blanco de 100x50x100 cm
  • 1 presentación de produto ou solución para cada unha das entidades expositoras no Arena Industry Solutions
  • Invitación ás startups a realizar un pitch no FoodTech Startup Forum
  • Candidatura aos Foodtech Innovation Awards 2024 por participar na exposición
  • 1 paquete de invitacións (25 Business / 2 Premium) para cada unha das empresas participantes

Máis información

O custo de participación para as startups da BFFood é de 1.500 € + IVE. No caso de participar na modalidade de empresa tecnolóxica socia de Clusaga, o custo é de 2.500 € + IVE. A execución da acción está suxeita a alcanzar un mínimo de 9 participantes e os custos poderían variar en función do número de empresas confirmadas.

O prazo de inscrición remata o 27 de febreiro. Para máis información pode consultarse o programa completo ou contactar con Clusaga no correo industria@clusaga.org ou no teléfono 682 616 021.

Event Schedule Details

  • 27 Febreiro 2024
Compartir
Engadir ao Calendario