No contexto das novas políticas socioeconómicas e o compás de competitividade europea, a sustentabilidade pasou de ser unha área illada a converterse no eixo central da viabilidade empresarial. Este cambio está a dar lugar a un novo rol estratéxico dentro das empresas alimentarias: o coordinador de información de sustentabilidade.
Esta figura debe actuar como o “cerebro” que conecta os datos necesarios para o reporte corporativo, coas estratexias de mercadotecnia para memorias de sustentabilidade e selos, e coa xestión operativa para o cálculo de pegadas ambientais. Con todo, o reto non é só a tecnoloxía, senón o entendemento previo dos fluxos de comunicación e a estrutura da documentación interna.
Clusaga xunto ao seu socio colaborador Cuatrotercios organiza esta xornada técnica dentro do programa PROALIS+, a plataforma de referencia para impulsar a sustentabilidade e a competitividade no sector alimentario galego.
Beneficios do Obradoiro:
Obxectivos e Metodoloxía:
A través dun método de caso práctico, os asistentes traballarán en situacións reais para:
A quen vai dirixido:
Especialmente deseñado para profesionais que asumen a coordinación de datos ESG, responsables de sustentabilidade, responsables de calidade, responsables financeiros, directores de comunicación e mercadotecnia, e xerencia que busquen modernizar a estrutura organizativa da súa empresa.
Datos do evento:
Data: 3 de xuño de 2026.
Hora: 09.30 h – 14.00 h.
Formato: Presencial.
Localización: Hotel AC Palacio do Carmen (Santiago de Compostela).
Custo: Gratuíto (Previa inscrición)
Non perdas a oportunidade de preparar á túa organización para que a sustentabilidade forme parte da cultura da empresa alimentaria e contribuír a que o sector alimentario suba de nivel.









