Clusaga organiza o derradeiro webinar da serie Martes de Insights de 2024, un ciclo informativo creado para divulgar as tendencias de mercado e consumo analizadas polo Servizo Insights de Clusaga. Este webinar ten como obxectivo amosar como a investigación de mercados e o tratamento de datos poden axudar ás empresas a definir estratexias comerciais máis eficaces e mellorar o seu posicionamento no mercado.
O evento online celebrarase o 10 de decembro de 2024 ás 10.00 horas (duración de 30 minutos). Xavi Cros, co fundador de ‘Across The Shopper’, analizará o panorama actual da distribución alimentaria en España, marcado por desafíos como a concentración de cuota de mercado nos retailers de surtido curto, o peso crecente das marcas da distribución (MD) e a importancia do prezo nas decisións do consumidor.
O relator explorará novas oportunidades para crear valor nas marcas, alén da redución de prezo, e destacará estratexias que axuden ás empresas a diferenciarse nun mercado altamente competitivo.
Este webinar é unha oportunidade única para descubrir novas formas de innovación e adaptarse aos retos dun sector en constante evolución.