Meet the buyer virtual: Central Market HEB Texas USA

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), en colaboración con Palafox Food and Wine e a cadea texana Central Market, organizará encontros B2B virtuais entre esta e potenciais provedores galegos.

Central Market é unha cadea de produtos gourmet, pertencente ao grupo HEB, que conta con 10 hipermercados e un volume de facturación superior aos 60 millóns de $. Está interesada en manter reunións con potenciais provedores españois dos seguintes produtos:

  • Non perecedoiros: grocery, lácteos, conxelados, chocolate e café
  • Perecedoiros: elaborados, carne, peixes e mariscos
  • Foodservice: ingredientes culinarios, queixos e charcutería

Igualmente, mostraron interese en incorporar novas referencias en viños e eventualmente cervexas e outras bebidas alcohólicas.

O interese da cadea, en liña co seu posicionamento, céntrase en produtos de alta calidade con especial atención en produtos orgánicos e gourmet así como ingredientes para chefs.

Como participar neste meet the buyer virtual

Os encontros B2B virtuais terán lugar en dúas sesións de dous días de duración durante a primeira quincena de setembro e de outubro (pendente de confirmación a data exacta).

As empresas participantes deberán contar con presenza en EEUU ou cumprir con todos os requirimentos para poder exportar aos EEUU (FDA, Bioterrorismo…). Outra característica que priorizada pola cadea Central Market é a non presencia da compañía, polo momento, no mercado de Texas.

A inscrición nos B2B virtual meetings ten un custo de 385€+IVE para as entidades socias de Clusaga.

Con todas as empresas interesadas elaborarase un catálogo virtual para que os compradores de Central Market seleccionen aquelas empresas coas que se queiran reunir. A aquelas que finalmente non sexan seleccionadas para manter un B2B virtual meeting devolveráselles a cantidade paga, excepto 120€+IVE en concepto de gastos de xestión e elaboración do catálogo a presentar.

A data límite de inscrición para a primeira sesión é o 25 de agosto de 2020, a través do formulario que atoparás facendo clic no botón “inscribirse” que aparece nesta páxina.

Detalles da programación de eventos

  • 25 Agosto 2020
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario