Meet the buyer virtual: Shanghai Roria CO. LTD (CHINA)

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), en colaboración coa oficina en China do Igape e a importadora Shanghai Roria CO. LTD organiza o 4 de agosto reunións virtuais B2B con potenciais provedores galegos.

Shanghai Roria CO. LTD. foi creada en 2008 e é un axente de importación de alimentos en China. A compañía é o axente exclusivo en China para moitas marcas de alimentos coñecidas en todo o mundo, en particular de produtos europeos, principalmente de España e Italia.

A compañía vén de establecer relacións de cooperación a longo prazo con moitos comerciantes, obtendo cobertura en grandes clientes de restauración e venda polo miúdo. Traballa en estreita colaboración con axentes autorizados para garantir o bo progreso da importación de produtos, declaración aduaneira, inspección sanitaria e vendas.

Roria está interesada en manter reunións con potenciais provedores dos seguintes produtos agrupados nas seguintes categorías: queixos, produtos de peixe e marisco (conxelado e conserva), pratos elaborados, produtos de panadaría e froitas e vexetais.

O interese da cadea online co seu posicionamento céntrase en produtos de alta calidade con especial atención aos produtos gourmet.

Para máis información e inscricións, contactade con Clusaga no email export@clusaga.org 

Detalles da programación de eventos

  • 4 Agosto 2020
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario