Misión comercial inversa de Irlanda

Un dos obxectivos do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) é mellorar o posicionamento das empresas alimentarias galegas nos mercados internacionais. Co apoio da convocatoria IG208 do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), organiza unha misión comercial inversa de Irlanda do 1 ao 3 de febrero, para estreitar relacións comerciais entre empresas galegas e importadores e distribuidores deste mercado.

A misión levarase a cabo a través de dúas modalidades. A modalidade A consiste na organización de reunións cos importadores por un custo de 25€/reunión. A modalidade B inclúe, ademais, as visitas a fábricas ou adegas cos importadores, e ten un custo adicional de 75€.

O mercado irlandés

Irlanda é un país pequeno, de aproximadamente 5 millóns de habitantes, pero está considerado un dos máis atractivos a nivel económico na rexión europea. O mercado destaca por ter unha das maiores rendas per cápita da UE, unha taxa de apertura comercial moi elevada e, ademais, é sede de grandes multinacionais.

O comercio exterior representa un dos principais pilares da súa economía. En concreto, o sector agroalimentario, no que España ocupa un papel destacado como subministrador, ofrece grandes oportunidades.

Participación e selección

Os importadores invitados serán quen seleccione, a partir das fichas das empresas inscritas, aquelas coas que desexen manter unha reunión, así como as fábricas ou adegas que desexen visitar. Ademais, os importadores resérvanse o dereito de desestimar tanto a reunión coma a visita ás instalacións de empresas cuxos produtos non respondan aos seus intereses.

Esta misión inversa contará coa participación de ata tres importadores ou distribuidores de alimentación e bebidas procedentes de Irlanda.

A participación nestes encontros inclúe tanto a confección dunha axenda personalizada, coma a difusión dos perfís das empresas entre os importadores invitados. Isto último levarase a cabo facilitando un directorio das empresas participantes aos importadores.

Os encontros de ambas modalidades serán organizados por Clusaga. As reunións terán lugar en Santiago de Compostela e a súa duración será de media hora aproximadamente.

Inscrición

A participación nesta misión require inscrición previa a través do formulario de manifestación de interese que aparece a continuación, sendo a data límite para facelo o 21 de xaneiro de 2023. Para máis información pode contactar con Clusaga no teléfono 881 043 687 ou no correo international@clusaga.org.

Event Schedule Details

  • 1 Febreiro 2023
Compartir
Engadir ao Calendario