O Clúster Alimentario de Galicia organiza unha misión comercial inversa dirixida a Europa, unha oportunidade estratéxica para as empresas galegas do sector alimentario que buscan expandir a súa presenza internacional. Grazas ao apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), esta misión busca establecer contactos comerciais entre empresas galegas e importadores de países coma Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Italia ou Reino Unido, abrindo novas oportunidades de negocio.
A misión está estruturada en dúas modalidades para axustarse ás necesidades de cada participante:
O mercado europeo suma máis de 500 millóns de habitantes, e conta cunha das áreas de libre comercio máis extensas e dinámicas do mundo. A libre circulación de mercadorías, capitais e persoas dentro do marco comunitario da UE e do espazo económico europeo, facilita os intercambios económicos cos países da nosa contorna. Así, as condicións xeográficas e económicas de Europa fan que este sexa un destino de grande interese e oportunidade para as empresas galegas, independentemente do seu grao de internacionalización previa. No que respecta ó sector alimentario, os produtos españois gozan dun bo posicionamento.