Misión Comercial Inversa Países Nórdicos

O Clúster Alimentario de Galicia organiza unha misión comercial inversa dirixida aos Países Nórdicos, unha oportunidade estratéxica para as empresas galegas do sector alimentario que buscan expandir a súa presenza internacional. Grazas ao apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), esta iniciativa ten como obxectivo facilitar o contacto directo entre importadores de Suecia, Dinamarca, Noruega e outros países nórdicos e empresas de Galicia, xerando novas oportunidades de negocio e potenciando a súa entrada nun mercado en constante crecemento.

A misión está estruturada en dúas modalidades para axustarse ás necesidades de cada participante:

  • Modalidade A: Inclúe a participación en reunións individuais con importadores dos Países Nórdicos, quen seleccionarán as empresas galegas coas que desexen establecer contacto, en función dos seus intereses específicos e dos perfís das empresas inscritas.
  • Modalidade B: Ademais das reunións individuais, esta opción ofrece a oportunidade de realizar visitas a fábricas ou adegas en Galicia. Desta maneira, os importadores poderán coñecer en detalle os procesos de produción, algo que axuda a reforzar a confianza e o interese nas empresas participantes.

O mercado nórdico, composto por países como Suecia, Dinamarca, Noruega, Finlandia e Islandia, é recoñecido pola súa alta capacidade de consumo e un dos PIB per cápita máis elevados de Europa. Este mercado destaca, ademais, pola súa alta apertura ao comercio exterior, especialmente no sector agroalimentario, o que fai que sexa moi dependente das importacións de produtos alimentarios de calidade.

Nesta misión inversa participarán ata cinco importadores ou distribuidores especializados en alimentación e bebidas procedentes de Dinamarca, Suecia e Noruega. Os importadores terán a posibilidade de seleccionar as empresas e instalacións que desexen visitar en base ás fichas dos produtos presentados. As reunións presenciais e as visitas terán lugar en Santiago de Compostela, cunha axenda personalizada para cada empresa participante. A difusión dos perfís das empresas galegas realizarase a través dun directorio entregado aos importadores previamente.

Event Schedule Details

  • 20 Novembro 2024
    al 22 Novembro 2024
Compartir
Engadir ao Calendario