Misión tecnolóxica á Feira Anuga FoodTec 2021

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza dentro do seu programa de misións tecnolóxicas unha á feira Anuga FoodTec, que terá lugar do 23 ao 26 de marzo de 2021 en Colonia (Alemaña), co obxectivo de coñecer as innovacións do sector alimentario a nivel internacional.

Sobre a feira Anuga FoodTec

Entre outras, a feira inclúe solucións tecnolóxicas e innovacións relacionadas co food packaging, food preocessing, seguridade alimentaria, automatización, dixitalización, medioambiente e enerxía, loxística e I+D.

Anuga FooTec 2021 estará centrada na dixitalización da produción abrindo oportunidades ás empresas do sector alimentario para crear redes e automatizar os seus procesos. Na edición anterior, a feira contou coa participación de máis de 50.000 visitantes de 155 países, que tiveron a oportunidade de coñecer as innovacións de máis de 1.600 empresas expositoras.

Como participar na misión tecnolóxica

A misión tecnolóxica á feira Anuga FoodTec organizada por Clusaga inclúe axuda na xestión (viaxe, aloxamento e entradas), elaboración dunha axenda conxunta de actividades adicionais e apoio no custo económico da estancia e desprazamento.

Se es unha empresa socia de Clusaga interesada en participar nesta misión, debes estar adscrita a un dos proxectos IG208 do Igape no ano 2020 e inscribirse antes do 16 de xullo a través do formulario que atoparás facendo clic no botón inscribirse que aparece nesta páxina.

Para recibir máis información ou resolver calquera dúbida, pódese contactar con Clusaga a través do email info@clusaga ou do teléfono 981 556 064.

INSCRICIÓN Á MISIÓN

Detalles da programación de eventos

  • 23 Marzo 2021
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario