Misión tecnolóxica á feira Hannnover Messe 2021

Do 12 ao 16 de abril de 2021 o Clúster Alimentario de Galicia organiza unha misión directa á feira tecnolóxica Hannover Messe en Alemaña co obxectivo de coñecer as novidades que alí se presenten no sector da dixitalización da industria alimentaria.

Debido á situación xerada pola COVID-19, a feira Hannover Messe ofrece aos expositores a oportunidade de participar de maneira física, virtual ou combinación de ambas as modalidades. Ademais, o recinto no que se desenvolve a mesma conta cunha infraestrutura que garante todas as medidas de seguridade e hixiene.

Sobre a feira Hannover Messe

Hannover Messe 2021 estará centrado na transformación industrial, centrándose na dixitalización, a individualización ou personalización e a protección do medio ambiente. Os visitantes poden coñecer as innovacións e visións tecnolóxicas que facilitan a transformación industrial 4.0, así como asistir a diferentes foros, encontros e workshops.

En 2019 esta feira contou coa participación de máis de 215.000 visitantes e 6.500 empresas expositoras. Destas, máis do 60% procedían do estranxeiro, contando con até 78 nacionalidades diferentes. Todo iso, converten a Hannover Messe nunha feira de primeiro nivel para o sector alimentario.

Condiciones participación misión tecnolóxica Hannover Messe

A misión tecnolóxica á feira tecnolóxica Hannover Messe organizada por Clusaga inclúe apoio na xestión (viaxe, aloxamento e entradas), elaboración da axenda conxunta con actividades adicionais e axuda económica para o desprazamento e aloxamento.

Se es unha empresa socia de Clusaga interesada en participar nesta misión, debes estar adscrita a un dos proxectos IG208 do Igape no ano 2020 e inscribirse antes do 16 de xullo a través do formulario que atoparás facendo clic no botón inscribirse que aparece nesta páxina.

Para recibir máis información ou resolver calquera dúbida, pódese contactar con Clusaga a través do email info@clusaga ou do teléfono 981 556 064.

INSCRICIÓN A LA MISIÓN MÁIS INFORMACIÓN

Detalles da programación de eventos

  • 12 Abril 2021
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario