FI Europa leva máis de 35 anos unindo aos principais provedores de alimentos e bebidas, compradores, expertos en I+D e especialistas en produción. Orixinalmente tiña lugar cada dous anos nunha gran cidade europea, agora funciona anualmente en conxunto con Health Ingredients Europe.
É o evento líder do mercado en axudar ás empresas de ingredientes alimentarios a atopar os contactos e solucións adecuadas para desenvolver o seu negocio. Ao mesmo tempo, presenta unha gama diversa de ingredientes e servizos innovadores e novos para a industria da alimentación e das bebidas.
En paralelo ten lugar unha conferencia e ademais pode atoparse a zona de novos produtos cunha selección dos mais innovadores, así como a Sartup Innovation Challenge. Toda a información sobre a axenda de eventos está dispoñible na páxina web da feira.
Na pasada edición de 2021 esta feira contou coa participación de máis de 20.000 visitantes de 135 países diferentes e 1.200 empresas expositoras.
O Clúster Alimentario de Galicia está a organizar unha acción entre os días 6 e 8 de decembro de 2022, coa visita a Feira Food Ingredients Europe.
A finalidade da misión é poder coñecer as novidades e solucións innovadoras presentadas a nivel internacional no ámbito da industria alimentaria. Os asistentes poderán ver in situ as últimas innovacións en ingredientes alimentarios e servizos e as tendencias do mercado considerando que a FI é a principal feira neste segmento a nivel global.
Asemade en colaboración coa Federación Española de Industrias de la Alimentación y Bebidas FIAB, poderase participar coma expositor no Pavillón de España
A misión directa do Cluster Alimentario de Galicia inclúe a xestión (viaxe, aloxamento e entradas) e o apoio aos custos de viaxe e aloxamento suxeitos a subvención do IGAPE no programa Galicia Exporta e a consecución do número mínimo de empresas participantes. Poderase asemade xestionar a participación conxunta coma expositor se fose de interese.
Para inscrición ou calquera aclaración ou información adicional, poden contactar co Clusaga na caixa de correo electrónico info@clusaga.org, no teléfono 981 556 062 ou no seguinte formulario coa data limite do 19 de xullo.