Webinar | Navegando os aranceis nos EUA: Claves para unha exportación exitosa

A Área de Mercados e Internacionalización de Clusaga organiza unha nova sesión centrada na conxuntura actual dos aranceis en Estados Unidos, co obxectivo de proporcionar ás empresas información clave para operar neste mercado con maior seguridade e eficacia.

A sesión desenvolverase en colaboración coa Spain-US Chamber of Commerce de Florida e permitirá ás empresas asociadas coñecer ferramentas de análise, tendencias e recomendacións para integrar a intelixencia de mercado nas súas estratexias comerciais. O relator Julio Hoyos abordará aspectos como a clasificación arancelaria, as excepcións e exencións vixentes, e as opcións dispoñibles para mitigar o impacto destes gravames.

Este encontro inaugura un novo ciclo de Martes de Insights, espazos pensados para apoiar a toma de decisións das empresas do ecosistema alimentario galego a través do coñecemento experto.

A actividade enmárcase no ciclo de webinars sobre o mercado estadounidense do Programa Competemar 2025.

Event Schedule Details

  • 22 Xullo 2025
Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp