Clusaga organiza, en colaboración con ANFACO-CECOPESCA, un webinar titulado “Novos produtos e oportunidades para a industria alimentaria: Potencial da utilización dos recursos mariños no sector alimentario”, que terá lugar o 23 de xaneiro ás 9.30 horas.
O evento online terá por obxectivo dar a coñecer ás empresas alimentarias oportunidades, tendencias, innovacións e casos concretos de desenvolvemento de productos alimentarios innovadores, especialmente en relación á utilización dos recursos mariños, non só no sector mar-industria, senón tamén aplicados a outros subsectores alimentarios. Representantes de centros tecnolóxicos e empresas exporán as súas experiencias.
Este evento organízase no marco do proxecto Hub4Food (Atlantic Food Innovation Hub), coordinado por Clusaga e no que tamén participa ANFACO. Entre as actividades de Hub4Food inclúese unha convocatoria para apoiar proxectos piloto a través dos cales pemes alimentarias poderán colaborar cos centros tecnolóxicos do proxecto para testar diferentes tecnoloxías ou avanzar no desenvolvemento de produtos alimentarios innovadores. Durante o evento presentaranse as condicións desta convocatoria, aberta ata o 31 de xaneiro.
Hub4Food está co-financiado por Interreg Atlantic Area.