“O coñecemento do mercado e a internacionalización: claves para a competitividade”. Webinar sobre o Servizo Exporta de Clusaga

O coñecemento do mercado e a internacionalización: claves para a competitividade é un webinar informativo ideado para divulgar o Servizo Exporta que presta o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e que lle permitirá ás empresas asociadas coñecer os beneficios de apostar pola internacionalización á hora de definir as súas estratexias. Este evento online terá lugar o vindeiro 30 de marzo, de 9.30 a 10.15 horas.

O Servizo Exporta conta con tres Modalidades: Market Intelligence, Internacionaliza e E-Consulting que serán abordadas en conxunto nesta xornada de 45 minutos de duración e que contará coa participación de Jaime Palafox, CEO de Palafox Food & Wine; e Cristina Domínguez, Export Manager de Bodegas Granbazán e Bodegas Baigorri.

A Modalidade Market Intelligence está centrada en ofrecer ás empresas información personalizada sobre mercados exteriores para dar resposta ás necesidades particulares de cada unha.

A Modalidade Internacionaliza implica a elaboración dun plan de internacionalización completo, con tres fases diferenciadas: unha primeira de diagnóstico da empresa e selección de mercados potenciais, unha segunda fase de caracterización destes mercados e definición da estratexia de entrada, e unha última fase de concreción de actuacións.

Por último, a Modalidade E-Consulting comprende unha serie de recomendacións estratéxicas enfocadas a cada país obxectivo.

A través deste webinar as persoas responsables dos departamentos de exportación e comercial das empresas asociadas poderán obter máis información das prestacións deste Servizo así como dos beneficios de contratación do mesmo, da man de profesionais en comercio exterior con ampla experiencia no sector de alimentación e bebidas e do equipo de Clusaga.

Event Schedule Details

  • 30 Marzo 2023
Compartir
Engadir ao Calendario