O Ministerio inicia a consulta pública para modificar a lei da cadea alimentaria

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) iniciou o procedemento de consulta pública, previo á elaboración do anteproxecto de lei, para a modificación da Lei de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria. O obxectivo principal desta modificación normativa é dotar de maior trasparencia ás relacións comerciais, reforzar a posición do produtor e eliminar as prácticas comerciais desleais.

Nunha primeira fase, o Goberno de España aprobou, o pasado 25 de febreiro, a Real Decreto-lei 5/2020, polo que se adoptan determinadas medidas urxentes en materia de agricultura e alimentación, que posteriormente foi validado polo Congreso dos Deputados o 25 de marzo. Con este real decreto-lei levaba a cabo unha modificación da lei da cadea naqueles aspectos que non podían esperar á tramitación dunha reforma lexislativa ordinaria.

Na segunda fase van introducir novas medidas de maior calado para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria, ademais de incorporar á lexislación española a Directiva comunitaria relativa ás prácticas comerciais desleais nas relacións entre empresas na cadea de subministración agrícola e alimentaria.

Co procedemento de consulta pública que agora inicia, o MAPA facilita aos cidadáns, organizacións e asociacións que poidan expresar a súa opinión con carácter previo, e así enriquecer o proceso de elaboración do devandito anteproxecto.

Os interesados en participar neste procedemento poderán remitir as súas contribucións ata o 29 de abril a través do portal web do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, na súa sección “Participación cidadá”, subsección “Participación pública en proxectos normativos”, remitindo un correo electrónico coas súas contribucións á dirección sgfi@mapa.es.

Event Schedule Details

  • 29 Abril 2020
Compartir
Engadir ao Calendario