No marco do proxecto Net4Food, que ten por obxectivo o fortalecemento das capacidades investigadoras e innovadoras do ecosistema alimentario da eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o obradoiro “Retos tecnolóxicos do sector alimentario. Construíndo as bases do Iberian FoodTech Lab”, unha iniciativa enfocada a coñecer de primeira man as necesidades das empresas galegas de alimentación en termos de I+D+i.
O evento terá lugar o 29 de maio, de 9.30 a 12.30 horas, no Hotel AC Palacio del Carmen (Santiago de Compostela). En colaboración con entidades de I+D, organismos intermedios e empresas do tecido empresarial alimentario, o encontro servirá para identificar os desafíos tecnolóxicos, necesidades e oportunidades do sector alimentario a abordar polo Iberian foodtech lab, o laboratorio no que se materializa o proxecto Net4Food para poñer ao servizo das empresas as últimas tendencias en tecnoloxía, contribuíndo á competitividade do sector.
Para asistir a este evento é preciso inscribirse a través do formulario que aparece a continuación antes do 28 de maio ás 15 horas. Para máis información, pódese consultar o programa completo ou contactar con Clusaga no correo idi@clusaga.org ou no teléfono 682 616 021.