O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o Obradoiro “Solucións innovadoras en packaging sostible” o vindeiro martes 20 de febreiro, en horario de 9.30 a 14.00 horas, no Edificio FEUGA (Santiago de Compostela). Trátase dun evento enmarcado no proxecto europeo Value4Pack, no que participa Clusaga, así como no Grupo de Traballo 3 – Sustentabilidade, Economía Circular e Bioeconomía. Packaging Sostible, promovido pola Comisión de Innovación e I+D e a Comisión de Sustentabilidade e Economía Circular do Clúster.
O encontro servirá para afrontar os desafíos da regulación europea en envases de alimentos, como o Pacto Verde e o Regulamento de Envases e Residuos de Envases, así como para, no marco das 4Rs (Refuse, Reduce, Recycle e Reuse), identificar obstáculos e oportunidades para a innovación tecnolóxica e organizativa dende unha perspectiva rexional.
O obradoiro está pensado para empresas da cadea de valor do sector lácteo e de bebidas de Galicia, así como para outras entidades que busquen acadar vantaxes competitivas mediante o impulso da innovación e o intercambio de coñecemento e de boas prácticas.
O proxecto Value4Pack vai replicar estes obradoiros en 30 rexións de Europa, permitindo identificar oportunidades para a cooperación empresarial e investimentos interrexionais. Estas fomentaranse máis adiante, na segunda metade de 2024, a través de eventos de networking. Asimesmo, o consorcio de Value4Pack elaborará un roadmap rexional que servirá para guiar o desenvolvemento de innovacións dirixidas aos desafíos comúns identificados.
Para asistir é necesario inscribirse antes do 16 de febreiro ás 16.30 horas a través do formulario que aparece a continuación. Para obter máis información, pode consultarse o programa completo ou contactar con Clusaga no teléfono 682 616 021 ou no correo idi@clusaga.org.