O ciclo ten como finalidade identificar retos, artellar liñas estratéxicas de I+D+i e impulsar proxectos colaborativos que melloren a competitividade do sector lácteo. A través de dinámicas de grupo, promoverase a colaboración entre empresas, a identificación de oportunidades tecnolóxicas e a proposta de solucións innovadoras.
No primeiro semestre de 2025, levaranse a cabo as 5 sesións, que terán lugar o 24 de xaneiro, 27 de febreiro, 27 de marzo, 24 de abril e 15 de maio, de 10.00 a 14.00 horas.
Edificio Feuga, Santiago de Compostela.
O ciclo consta de cinco sesións temáticas, cada unha enfocada nun aspecto clave para o sector: retos e oportunidades de I+D+i, resiliencia, xeración de novos modelos de negocio, sustentabilidade e colaboración estratéxica.
Os talleres baséanse en dinámicas participativas e colaborativas, combinando exposicións de expertos, co-creación e sesións B2B, co obxectivo de:
Número de prazas: 25 empresas.
Trátase dun proxecto financiado polo IGAPE sendo beneficiario o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) no marco da convocatoria 2024 Obradoiros multidisciplinares de dixitalización, sustentabilidade e logística avanzada e o marco de traballo da Comisión de Innovación e I+D de Clusaga.