Obradoiros | Innovación e desenvolvemento nos sectores mar industria e cárnico

Os sectores da industria transformadora dos produtos do mar e cárnicos enfróntanse a desafíos clave para mellorar a súa competitividade nos mercados nacionais e internacionais. A I+D+i xoga un papel fundamental neste contexto, permitindo identificar solucións innovadoras e desenvolver proxectos colaborativos que reforcen o posicionamento do sector. Con este obxectivo, Clusaga organiza co apoio do Igape unha serie de obradoiros colaborativos que combinan dinámicas de grupo e metodoloxías innovadoras.

Datas

Os obradoiros realizaranse os días 12 de febreiro, 19 de febreiro, 11 de marzo, 23 de abril e 14 de maio, de 10.00 a 14.00 horas presencialmente no Edificio FEUGA, en Santiago de Compostela.

Sobre os obradoiros

Estes encontros buscan facilitar o intercambio de ideas e experiencias entre as empresas participantes, identificar prioridades estratéxicas de mellora en cada cadea de valor e promover a configuración de proxectos colaborativos en áreas clave como a automatización, a intelixencia artificial, a sustentabilidade e a trazabilidade.

Dinámicas dos obradoiros

Os obradoiros estrutúranse en sesións colaborativas que combinan dinámicas prácticas e metodoloxías innovadoras para analizar retos clave do sector. Cada temática será abordada a través de discusións conxuntas, análises de necesidades específicas e co-creación de ideas. As empresas participantes traballarán en equipo para identificar oportunidades estratéxicas, propoñer solucións e definir proxectos prioritarios que favorezan a competitividade e o desenvolvemento do sector.

Conclusións e encontros B2B: oportunidades para seguir avanzando

O programa pecha cunha presentación de solucións tecnolóxicas, oportunidades de financiamento e conclusións que permitan dar continuidade ás ideas e proxectos nados nestes obradoiros. Ademais, organizaranse encontros B2B en formato Speed Dating para favorecer a conexión entre empresas e provedores de tecnoloxía.

Organización e financiamento

Trátase dun proxecto financiado polo IGAPE sendo beneficiario o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) no marco da convocatoria 2024 Obradoiros multidisciplinares de dixitalización, sustentabilidade e logística avanzada.

Event Schedule Details

  • 12 Febreiro 2025
    al 14 Maio 2025
Compartir
Engadir ao Calendario


Colaboradores