Axudar ás empresas do sector alimentario a coñecer os seus ciclos de carbono. Avaliar a súa situación actual, oportunidades de mellora e tecnoloxías dispoñibles para acadar ciclos de carbono sostibles.
No primeiro trimestre de 2025, levaranse a cabo as últimas 2 sesións, que terán lugar o 7 de febreiro e o 7 de marzo, de 10.00 a 14.00 horas.
Desde Clusaga, consideramos que a transición cara a sistemas alimentarios sostibles, segundo as directrices do Pacto Verde Europeo, debe incluír non só a redución das emisións de CO2, senón tamén a captación de carbono nos procesos produtivos. Este enfoque permite que os proxectos de descarbonización contribúan tanto aos obxectivos climáticos como á produción sostible de alimentos. A través destes obradoiros prácticos e orientados a resultados, queremos apoiar ao sector alimentario galego na súa adaptación rápida ás novas esixencias ambientais, fortalecendo a súa competitividade e liderando a transición cara a un modelo máis verde.
Os obradoiros constan de 5 sesións que capacitarán ás empresas para medir a súa pegada de carbono, identificar focos de emisións, desenvolver proxectos piloto de captura de CO2, reducir a pegada ambiental e deseñar estratexias de descarbonización. Ademais, haberá unha dinámica de co-creación de proxectos para conectar o ecosistema de innovación galego.
Número de prazas: 25 empresas.
Trátase dun proxecto financiado polo IGAPE sendo beneficiario o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) no marco da convocatoria 2024 Obradoiros multidisciplinares de dixitalización, sustentabilidade e logística avanzada e o marco de traballo da Comisión de Sostenibilidade e Economía Circular de Clusaga. Estes obradoiros serán dinamizados por Clusaga en colaboración con Cuatro Tercios e Isemaren.