Oportunidades de I+D no NEXo Auga-Dixital en resposta aos retos do sector alimentario

A xestión sostible da auga coma recurso natural é un aspecto chave na transición verde da industria alimentaria galega. Nesta liña, a I+D+i, a transferencia tecnolóxica e a dixitalización son indispensables para impulsar esta transición.

Por iso, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), Catalan Water Partnership (CWP) e a Asociación de Industrias de Conocimiento y Tecnología de Euskadi (GAIA), organizan un webinar o 27 de abril, de 12.00 a 13.30 horas, para presentar os resultados do proxecto no que estiveron traballando nesta liña: NEXADA (Estudio de oportunidades de I+D en el NEXo Agua-Digital para dar respuesta a los retos del sector Alimentario). Asimesmo, durante este encontro online, presentaranse outros proxectos empresariais no nexo Auga-Dixital-Alimentación.

Entre os principais logros de NEXADA destacan o desenvolvemento dun catálogo de tecnoloxías, a identificación de retos xerais nos sectores lácteo, vitivinícola e mar-industria, e tamén as ideas de proxectos de innovación que resultaron de NEXADA.

Sobre NEXADA

O obxectivo desta iniciativa é impulsar proxectos empresariais de I+D+i no NEXo Auga-Dixital para que ofrezan solucións aliñadas coas demandas das empresas alimentarias. O proxecto, implementado por un consorcio conformado polos clústeres GAIA, CWP e Clusaga, baixo a coordinación deste último, foi financiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (MINCOTUR) na súa convocatoria 2022B de apoio a AEIs.

Asistencia ao webinar

Para participar neste evento online é necesario formalizar a inscrición na ligazón que aparece a continuación. O rexistro permanecerá aberto ata o 26 de abril ás 15.00 horas. Para máis información, pode consultarse o programa completo ou contactar con Clusaga no correo industria@clusaga.org ou o teléfono 881 023 853.

Event Schedule Details

  • 27 Abril 2023
Compartir
Engadir ao Calendario