Os Martes de Insights: Oportunidades para o sector alimentario galego en Estados Unidos e Canadá

Clusaga pon en marcha o primeiro webinar do ciclo Martes de Insights en 2025, centrado nas oportunidades que ofrece o mercado de Estados Unidos e Canadá para o sector alimentario galego. Este ciclo de encontros dixitais está pensado para difundir as tendencias de mercado e consumo analizadas polo Servizo Insights de Clusaga, co obxectivo de axudar ás empresas socias a comprender a importancia da investigación de mercados e a análise de datos na definición das súas estratexias comerciais e de posicionamento de produto.

A conxuntura actual en Estados Unidos e Canadá presenta desafíos, pero tamén oportunidades clave para os produtores galegos. Para abordar estes mercados con maior seguridade, resulta fundamental coñecer a experiencia doutras empresas españolas, así como casos de éxito en estratexias de implantación con actores clave.

O webinar contará cun panel de expertos con ampla traxectoria na exportación de produtos alimentarios españois nestes mercados.

Event Schedule Details

  • 25 Febreiro 2025
Compartir
Engadir ao Calendario