Os Xoves de Insights é un breve ciclo de 2 webinars informativos ideados para divulgar o Servizo Insights que presta Clusaga e que lle permitirá ás empresas asociadas coñecer os beneficios de apostar pola investigación de mercados e o tratamento estatístico de datos á hora de definir as súas estratexias comerciais e de posicionamento de produto. O Servizo Insights conta con dúas Modalidades: Market Insights e Consumer Insights, que serán abordadas, respectivamente, en cada unha destas xornadas, de 45 minutos de duración cada unha.
A Modalidade Market Insights está centrada en mercados, produtos e ingredientes, atendendo ás novidades e tendencias. Este primeiro webinar do ciclo terá lugar o 16 de febreiro, e contará coa participación da relatora Marta Delgado del Río, Account and Customer Success Manager de Innova.
A Modalidade Consumer Insights ten no foco de análise o comportamento do consumidor e nos seus hábitos de compra e consumo. Este segundo webinar do ciclo terá lugar o 23 de febreiro e, nesta ocasión, incorporará no programa a Maruxa Quiroga García, CEO e co-fundadora de TasteLab.
A través deste ciclo de webinars, as persoas responsables de mercados, marketing ou consumo das empresas asociadas, poderán obter máis información das prestacións deste Servizo, así como dos beneficios de contratación do mesmo, da man de profesionais do sector da investigación de mercados con ampla experiencia no sector de alimentación e bebidas e do equipo de Clusaga.