Participación de empresas socias de Clusaga no Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat Abanca)

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), que en 2023 volve colaborar no Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat Abanca) dirixindo a organización dos Encontros de Compradores Internacionais, está a promover a participación das entidades socias neste encontro.

Así, a 26ª edición da coñecida como Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que terá lugar do 8 ao 11 de xuño de 2023 no recinto feiral de Silleda, ofrece ás empresas socias de Clusaga un desconto especial. Do mesmo modo, o Clúster está a coordinar a posibilidade de participar de maneira conxunta nun espazo expositivo.

A participación no espazo expositivo de Clusaga, ubicado no Pavillón 1, inclúe stands de 8X5 m2 para un total de 10 empresas socias, así como ter axenda con importadores os días 8 e 9 de xuño. Trátase dunha oportunidade magnífica para explorar novas vías de negocio, tanto con importadores en España coma noutros países de Europa e terceiros países.

Participar con Clusaga facilita acudir ás reunións das axendas dos días 8 e 9 de xuño e ter presenza como expositores. Do mesmo modo, a atención do stand de cada empresa para os días 10 e 11, que están enfocados ao público xeral e poden ser de menor interese para algunhas marcas de alimentación e bebidas, pode ser delgada en persoal contratado para tal fin.

Participación e manifestación de interese

Para participar en Salimat Abanca 2023 optando ao desconto especial para empresas socias de Clusaga, tanto se tes feita unha pre-reserva coa organización, coma se valoras participar no espazo colectivo de Clusaga ou queres ter presenza nun stand individual, é necesario cubrir a manifestación de interese que aparece a continuación.

Lembra que para participar nas axendas ou actividades de Salimat, é preciso que a empresa estea presente na Feira como expositora. Podes consultar máis detalles na web de Salimat Abanca.

De precisar máis información ou aclarar algunha dúbida, podes contactar coa Área de Mercados e Internacionalización de Clusaga no teléfono 881 043 687 ou no correo insights@clusaga.org

Event Schedule Details

  • 15 Maio 2023
Compartir
Engadir ao Calendario