PERTE Agroalimentario 2024: axudas a proxectos industriais no sector agroalimentario

Obxecto da axuda

Concesión de axudas a proxectos industriais no sector agroalimentario dentro do PERTE Agroalimentario

Organismo convocante

Ministerio de Industria y Turismo (MINTUR)

Beneficiarios

Sociedades mercantís privadas, sociedades cooperativas e sociedades agrarias de transformación con personalidade xurídica propia, con independencia da súa forma xurídica e o seu tamaño, que desenvolvan unha actividade industrial.

Actividades elixibles

Proxectos encadrados nalgunha das seguintes liñas de actuación:

  1. Liña de Investigación, Desenvolvemento e Innovación: proxectos de investigación industrial, proxectos de desenvolvemento experimental, proxectos de innovación en materia de organización, ou proxectos de innovación en materia de procesos
  2. Liña de innovación en sustentabilidade e eficiencia enerxética: investimentos con carácter innovador destinadas á protección do ambiente, ou en medidas de aforro enerxético ou enerxías renovables.
  3. Liña de investimento PEME: Proxectos realizados exclusivamente por pemes destinados ao investimento en activos materiais e inmateriais relacionados co proceso industrial no ámbito da industria agroalimentaria.
    • Ampliacións da capacidade produtiva dun establecemento existente.
    • Creación de capacidade produtiva nun novo establecemento.
    • Diversificación da produción dun establecemento existente en novos produtos adicionais.
    • Transformación fundamental do proceso xeral de producción dun establecemento existente

Os proxectos deben estar destinados a aplicarse na industria agroalimentaria e deberanse encadrar, polo menos, nalgunha das seguintes prioridades temáticas:

  1. Economía circular e ecoinnovación.
  2. Descarbonización, eficiencia enerxética, novas fontes de enerxía renovable e redución de emisións contaminantes.
  3. Materiais e produtos avanzados.
  4. Innovación en procesos de calidade e seguridade.
  5. Proxectos baseados en tecnoloxías dixitais.

Gastos elixibles

Para os proxectos da Liña 1 de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, de forma xeral:

  • Custos de persoal
  • Custos de instrumental e material inventariable (amortización, que non superará o 50% do orzamento financiable)
  • Custos de investigación contractual, coñecementos técnicos e patentes
  • Gastos xerais

Para os proxectos da Liña 2 de Innovación en Sustentabilidade e Eficiencia Enerxética, de forma xeral:

  • Aparellos e equipamentos de produción
  • Edificación e instalacións: investimentos materiais para a adecuación de naves industriais, así como das súas instalacións e equipamentos non vinculados directamente ao proceso produtivo (non poderán supoñer máis do 50 % do custo financiable do proxecto)
  • Activos inmateriais
  • Colaboracións externas necesarias para o deseño e/ou re-deseño de procesos directamente vinculados cos investimentos

Os custos subvencionables serán os custos adicionais de investimento determinados comparando os custos do investimento cos dunha hipótese de contraste sen axuda.

Para os proxectos da Liña 3 de investimento PYME, de forma xeral:

  • Aparellos e equipamentos de produción
  • Edificacións e instalacións: investimentos materiais para a adecuación de naves industriais, así como das súas instalacións que sexan estritamente necesarias para os obxectivos do proxecto (non poderán supoñer máis do 50 % do custo financiable do proxecto)
  • Activos inmateriais

Tipo, contía e intensidade da axuda

Tipo de axuda: subvencións, préstamos ou combinación de ambos. O procedemento é de concorrencia NON COMPETITIVA

Contía: A subvención que a conceder por empresa para o total dos seus proxectos presentados á convocatoria será como máximo de 4.000.000 euros.

O orzamento financiable mínimo será:

  • Para a liña 1, de Investigación, Desenvolvemento e Innovación: 500.000 euros para pemes; 800.000 euros para grandes empresas.
  • Para a liña 2 de Sustentabilidade e Eficiencia Enerxética e a liña 3 de Investimento PEME: 200.000 euros para as pemes; 400.000 euros para as grandes empresas.

Intensidade de axuda: variable, segundo a tipoloxía de proxecto e o tamaño da empresa, e desde o 10% para medianas empresas en proxectos de investimento PEME ata 70% para pequenas empresas en proxectos de investigación industrial (ver convocatoria).

Presentación de solicitudes

Desde 19/09/2024 a 21/10/2024 (nótese que se trata de concorrencia non competitiva, se non por orde de entrada). Forma de tramitación no rexistro electrónico do Ministerio de Industria e Turismo.

Event Schedule Details

  • 21 Outubro 2024
Compartir
Engadir ao Calendario