Pitch Day | VII Edición Business Factory Food

O vindeiro venres 19 de setembro terá lugar o Pitch Day da VII Edición da Business Factory Food (BFFood), o evento no que os proxectos finalistas presentarán as súas propostas ante o Comité Técnico da aceleradora, as empresas mentoras e outros axentes do ecosistema alimentario galego.

A xornada celebrarase no salón de actos do Edificio FEUGA (Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n – Campus Vida, Santiago de Compostela), en horario de 9:30 a 13:00 horas.

Presentación de proxectos de incubación e consolidación

Nesta edición, presentaranse os 14 proxectos que actualmente se atopan en fase de incubación. A estes sumaranse os proxectos que resulten finalistas da convocatoria de consolidación, que permanecerá aberta ata o 2 de setembro.

En total, poderanse cubrir ata 16 prazas: 10 no programa de aceleración e 6 no de consolidación.

Unha vez finalizadas as presentacións, o Comité de Selección procederá á deliberación. Nos días seguintes comunicarase o resultado aos proxectos seleccionados e publicarase o listado oficial na páxina web de BFFood.

Event Schedule Details

  • 19 Setembro 2025
Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp