Potenciando a contratación de mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil 2023

Obxecto da axuda

Mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas incluídas como beneficiarias no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

Organismo convocante

Xunta de Galicia. Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social

Beneficiarios

Poderán ser persoas e empresas beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea, para prestar servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Actividades elixibles

Poderase solicitar a axuda para contratacións realizadas desde o 1 de xaneiro de 2023 ata 20 días hábiles despois da notificación de concesión da axuda.

As condicións da persoa contratada deben ser as seguintes:

  1. Que teñan cumpridos os 16 anos e non superen os 30 anos.
  2. Que estean desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego en ocupacións relacionadas coas ofertas de emprego que se presenten ao abeiro desta orde.
  3. Que estean inscritas como beneficiarias no ficheiro do Servizo Público de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
  4. Están excluídas aquelas persoas que finalicen unha relación laboral de carácter indefinido noutra empresa nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato (agás se foron despedidas).

Formación en habilidades suaves

Calquera que sexa a modalidade da contratación, cada persoa contratada deberá contar cun programa de formación en competencias suaves, cunha duración mínima de 50 horas.

A formación que se desenvolverá durante a duración do contrato terá por obxecto a mellora e/ou adquisición de competencias profesionais suaves. A formación debera imparta unha persoa formadora externa á empresa. A persoa empregadora ou empresa solicitante deberá presentar un proxecto de formación sobre unha ou varias das seguintes temáticas (sen ánimo de exhaustividade):

  • Competencias suaves esenciais: traballo en equipo, resolución de conflitos, comunicación interpersonal, liderado.
  • Competencias suaves para o desenvolvemento profesional.
  • Intelixencia social e interacción positiva no traballo.
  • A persoa traballadora compatibilizará a formación en competencias suaves coa realización dun traballo efectivo nun centro de traballo da entidade beneficiaria, de xeito que esta formación complemente a súa cualificación profesional e favoreza a súa inserción laboral futura.

Os centros nos que se desenvolva a formación en competencias suaves deberán situarse na Comunidade Autónoma de Galicia. O programa de formación iniciará nos 30 días seguintes á concesión da subvención e finalizará como máximo cinco meses despois da contratación.

Gastos elixibles

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións por conta allea de persoas novas mediante a subscripción de contratos indefinidos, contratos de formación en alternancia ou contratos para a obtención da práctica profesional.

Os contratos terán unha duración mínima de 9 meses e deberán ser a tempo completo.

No caso de que se extinga o contrato antes de que remate o período de 9 meses, a persoa empregadora ou empresa beneficiaria deberá reintegrar a axuda por completo, agás no caso de baixa voluntaria ou falecemento da persoa traballadora contratada, caso no que a persoa empregadora ou empresa beneficiaria poderá optar preferentemente por substituíla nun prazo máximo de 15 días.

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

  • Tipo de ayuda: En concorrencia non competitiva (por orde de entrada). Réxime Minimis.
  • Cuantía: 9.000 € por cada persoa nova contratada.
  • Intensidad de ayuda: Incentivo único

Presentación de solicitudes

Fecha límite para presentar solicitudes o 31 de xullo de 2023. Forma de tramitación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Event Schedule Details

  • 31 Xullo 2023
Compartir
Engadir ao Calendario