Recoñecer o labor das persoas e empresas que están a contribuír significativamente ao desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño. Con estes galardóns búscase destacar as mellores prácticas para que sirvan de exemplo a todo o tecido empresarial galego, pondo de relevancia como a innovación e o deseño cumpren un papel esencial para mellorar a competitividade das empresas e, en definitiva, a calidade de vida das persoas.
Axencia Galega de Innovación
Poderán ser candidatas as persoas físicas nacidas en Galicia. Así mesmo, poderán optar aos premios as persoas xurídicas que teñan polo menos un establecemento permanente en Galicia, validamente constituído, que manteña a súa actividade.
Un mesmo candidato poderase propoñer para unha ou varias categorías dos premios, para o que é imprescindible enviar unha proposta de solicitude diferente e completa, con toda a documentación requirida, para cada categoría presentada.
O Premio consta de tres categorías en innovación e tres categorías en deseño:
CATEGORÍAS EN INNOVACIÓN
CATEGORÍAS EN DESEÑO
CATEGORÍAS EN INNOVACIÓN
CATEGORÍAS EN DESEÑO
Data límite para presentar solicitudes: 30/09/2023. Forma de tramitación: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible a partir do 4 de xullo na sede electrónica de la Xunta de Galicia.