Premios Innovación Dixital na Industria Alimentaria 2025 (Digital Innovation in Food Processing Awards 2025)

No marco da súa participación na partnership europea Smart Sensors 4 Agri-Food (SS4AF), o Clúster Alimentario de Galicia impulsa o lanzamento do Hub de Innovación Smart Solutions 4 Agri-food Innovation (Smart Sensors 4 Agri Food – Smart Sensors 4 Agri Food).

Premios á innovación dixital na industria alimentaria

En colaboración coa Business Factory Foof (BFFood), Clusaga apoia a convocatoria dos premios Innovación Dixital na Industria Alimentaria 2025 (Digital Innovation in Food Processing Awards 2025), promovidos pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO).

Estes galardóns recoñecen ás startups que están a transformar o procesado de alimentos mediante tecnoloxías dixitais e automatizadas, destacando solucións punteiras que contribúen a unha industria alimentaria máis innovadora, sostible e eficiente.

Beneficios para as startups seleccionadas

As startups finalistas recibirán:

  • Un premio económico de 15.000 USD
  • Visibilidade internacional
  • Acceso a redes de expertos
  • Oportunidades de conexión con empresas líderes e investidores do sector agroalimentario.

Información clave da convocatoria

  • Organismo convocante: FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura)
  • Prazo de presentación de candidaturas: ata o 22 de maio de 2025
  • Dirixido a: startups con solucións dixitais e automatizadas para o procesado de alimentos

Event Schedule Details

  • 22 Maio 2025
Compartir
Engadir ao Calendario