Presentación do Programa de Accións Formativas de empresas con compromiso de contratación

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia vén de publicar a nova convocatoria do Programa de Accións Formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas (TR301P). O obxectivo deste programa, ao que o Goberno galego destina 3,1 millóns de euros, é brindar máis e mellores oportunidades para as persoas demandantes de emprego, permitíndolles adaptar a súa formación aos perfís demandados polas empresas, e favorecendo así a competitividade do tecido produtivo.

Estes apoios poden solicitarse ata o 2 de outubro por parte de empresas de calquera forma xurídica, ou agrupacións temporais de empresas. Asimesmo, o seu compromiso de contratación debe ser de, polo menos, o 40% cando se trate de insercións de 12 ou máis meses.

No marco desta convocatoria e en liña co seu obxectivo de favorecer a competitividade do sector alimentario galego, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) celebra, coa colaboración da Xunta de Galicia, un webinar para afondar neste Programa de Accións Formativas. A través del pretende favorecer a implicación das súas empresas socias nesta iniciativa.

O webinar terá lugar o vindeiro 18 de xullo, en horario de 11.00 a 12.30 horas. Para asistir é preciso inscribirse a través da ligazón que aparece a continuación. Para máis información pode consultarse o programa completo ou contactar con Clusaga no teléfono 981 556 062 ou no correo unitec@clusaga.org.

Event Schedule Details

  • 18 Xullo 2023
Compartir
Engadir ao Calendario