O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), en liña co seu obxectivo de impulsar o talento, presenta o Programa “Desenvolvemento Directivo para Empresas Alimentarias”, deseñado xunto a UIE, que se impartirá de marzo a novembro de 2024 co obxectivo de impulsar o crecemento e a excelencia dos profesionais que integran as empresas de Clusaga.
A presentación desta iniciativa terá lugar o próximo 9 de novembro, de 12.00 a 14.00 horas, no Centro ABANCA Obra Social (Praza de Cervantes, s/n, Santiago de Compostela). O encontro servirá para presentar o Programa e incluirá, ademais, unha Masterclass impartida polo economista Mario Weitz baixo o título “Perspectivas da economía mundial e impacto no sector alimentario”.
Mario Weitz ofrecerá unha visión global da economía mundial e española, e a súa influencia no sector da alimentación. Asimesmo, analizaranse detalladamente os mercados internacionais e se explorarán indicadores macroeconómicos fundamentais para avaliar o rendemento dos países. Tamén se abordarán as implicacións da cuarta revolución tecnolóxica, destacando a robótica e a IA, e se proporcionarán insights sobre oportunidades de inversión neste contexto.
A última parte do encontro estará reservada para debater, resolver dúbidas e intercambiar impresións co experto, así como para aclarar cuestións relativas ao Programa “Desenvolvemento Directivo para Empresas Alimentarias” de Clusaga e UIE. Como peche da xornada, terá lugar un Cocktail para favorecer o networking entre as persoas asistentes.
Para acudir a este evento é preciso inscribirse a través do formulario que aparece a continuación antes do 8 de novembro. Para máis información, pode consultarse o programa completo ou contactar con Clusaga no correo info@clusaga.org ou o teléfono 981 556 062.