Préstamos para financiar a operativa das empresas no contexto de incremento do custo das materias primas e a enerxía en 2023

Obxecto da axuda

Apoiar financeiramente empresas que desenvolven actividades no sector da industria manufactureira, para permitirlles financiaren a longo prazo pagamentos operativos, dispoñeren dun fondo de manobra suficiente, financiaren investimentos para a mellora competitiva, a través da produtividade, redución da dependencia de determinadas materias primas ou provedores e/ou mellora da eficiencia enerxética e/ou dispoñeren de garantías pignoraticias para acceder aos avais técnicos e financeiros necesarios para a súa actividade.

Organismo convocante

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto da actuación a financiar, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia
  • Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo I
  • Acheguen para a actuación unha contribución financeira mínima do 25% do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público
  • Que veñan desenvolvendo durante máis de tres (3) anos algunha das actividades comprendidas nos CNAE 03, 05 a 09, e 10 a 33 e ademais acrediten, mediante unha memoria explicativa, que a súa actividade se viu afectada en gran medida polo incremento de custos de aprovisionamentos e enerxéticos, sen poder repercutir en prezos a totalidade destes encarecementos.

Poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas, agrupacións e as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do anterior apartado.

Actividades elixibles

As actuacións financiables deberán estar vinculadas aos sectores establecidos como financiables, que serán os sinalados no anexo I para cada unha das modalidades de préstamo, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante.

Os sectores son: Pesca e acuicultura (CNAE 03), industrias extractivas (CNAE 05 a 09), industrias manufactureiras (CNAE 10 a 33). Excepto Industria do tabaco (CNAE 12), sector das fibras sintéticas.

Gastos elixibles

Bens tanxibles: terreos e bens naturais, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, útiles, outras instalacións, mobiliario, equipamentos para proceso de información e elementos de transporte, así como outro inmobilizado material necesario para o desenvolvemento da actividade

Bens intanxibles: tales como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso e aplicacións informáticas.

Capital de explotación: entendendo como tal o incremento permanente de capital corrente necesario para a actividade, que deberá cumprir o seguintes dous requisitos:

  • A contía financiable por este concepto será determinada polo Igape en base na solicitude da titular, nos estados financeiros históricos e nas previsións de actividade.
  • Os fondos obtidos do produto financeiro con esta finalidade serán aplicados ao pagamento a provedores e acredores dos seguintes conceptos de gasto corrente do exercicio (compras de mercadorías, prestación de servizos, gastos de personal, gastos financieros, primas de seguros, constituír un depósito nunha entidade financeira en euros, peñorado a favor dun terceiro, como fianza ou contragarantía dun aval ou liña de avais que este terceiro emita)

Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros pola beneficiaria.

Tamén poderá ser financiada a obra civil en inmobles sobre os cales exista un dereito de superficie ou unha concesión administrativa, e/ou estean alugados, limitándose, en caso de alugamento a obras de reforma de inmobles xa construídos.

Os gastos financiables deberán ser contratados e pagados directamente entre a beneficiaria do préstamo e o proveedor, agás os gastos de desenvolvemento e innovación, que poderán ser realizados con medios e por persoal da propia beneficiaria

Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, salvo que a contratación se realice en condicións normais de mercado e se autorice expresamente no acordo de concesión, logo de petición do solicitante.

En caso de bens usados, poderán ser financiados sempre que se acredite, mediante certificado de taxador independente, que o prezo non supera o valor de mercado e que é inferior ao custo de bens novos similares

Tipo, contía e intensidade da axuda

  • Tipo de axuda: Préstamos directos do IGAPE en réxime de concorrencia non competitiva.
  • O importe mínimo do préstamo será de: 300.000 euros – 1.000.000 euros e deberá ser aplicado exclusivamente ao pagamento dos conceptos subvencionables
  • O prazo de devolución dos préstamos será de 8 anos, incluíndo 2 de carencia na amortización de principal.
  • Tipo de xuro de demora: O prestameiro incorrerá de pleno dereito en demora sen necesidade de requirimento previo e virá obrigado a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis 4 puntos porcentuais anuais.
  • Con carácter xeral, os préstamos desta modalidade incluirán unha axuda implícita determinada conforme o anexo III das bases.

Presentación de solicitudes

Data límite para presentar solicitudes o 29-12-2023. Forma de tramitación a través da Oficina Virtual do Igape.

Event Schedule Details

  • 29 Decembro 2023
Compartir
Engadir ao Calendario