Obxecto da axuda
Financiar proxectos de novos investimentos, intervencións de ampliación da capacidade produtiva e/ou mellora de instalacións existentes, valorándose especialmente o aliñamento dos proxectos cos sectores prioritarios da Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0 e coa RIS3 Galicia.
Organismo convocante
Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos
- Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto da actuación a financiar, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo I.
- Acheguen para a actuación unha contribución financeira mínima do 25% do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.
Tamén poderán ser beneficiarias as persoas físicas, agrupacións e as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do anterior apartado.
Non poderán ter a condición de beneficiarios dos préstamos: As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, as empresas inmersas nun procedemento de insolvencia, as entidades nas que concorrese algunha das circunstancias previstas no art. 10.2 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.
Actividades elixibles
Os proxectos financiables deberán estar vinculados ás actividades establecidas como financiables, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante.
Los sectores de actividades (CNAE): pesca e acuicultura, industrias extractivas, industrias manufactureiras (excepto CNAE 12 o sector das fibras sintéticas), fornecemento de enerxía e auga, e xestión de residuos e descontaminación, construción de redes e construción especializada, comercio por xunto e intermediarios, transporte e almacenamento, hostalaría, información e comunicación (excepto CNAE 60), actividades profesionais, científicas e técnicas, alugamento de maquinaria, equipamentos e bens tanxibles, axencias de viaxes, actividades de seguridade e investigación e outras actividades auxiliares das empresas, asistencia en establecementos residenciais, actividades artísticas.
Gastos elixibles
Para esta modalidade de préstamo poderán ser financiados os seguintes elementos: Bens tanxibles, Bens intanxibles, e capital de explotación; O investimento en capital de explotación non poderá superar o 50% do gasto financiable total.
- Bens tanxibles: terreos e bens naturais, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, útiles, outras instalacións, mobiliario, equipamentos para proceso de información e elementos de transporte, así como outro inmobilizado material necesario para o desenvolvemento da actividade
- Bens intanxibles, tales como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso e aplicacións informáticas
- Capital de explotación: entendendo como tal o incremento permanente de capital corrente necesario para a actividade, que deberá cumprir o seguintes dous requisitos:
- 1º. A contía financiable por este concepto será determinada polo Igape en base na solicitude da titular, nos estados financeiros históricos e nas previsións de actividade.
- 2º. Os fondos obtidos do produto financeiro con esta finalidade serán aplicados ao pagamento a provedores e acredores dos seguintes conceptos de gasto corrente do exercicio: compras de mercandorías, materias primas, prestación de servizos, gastos de personal, gastos financeiros, primas de seguros, constituír un depósito nunha entidade financeira
Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros pola beneficiaria
Non obstante o previsto no anterior número 2, tamén poderá ser financiada a obra civil en inmobles sobre os cales exista un dereito de superficie
Os gastos financiables deberán ser contratados e pagados directamente entre a beneficiaria do préstamo e o proveedor; os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, salvo que a contratación se realice en condicións normais de mercado e se autorice expresamente no acordo de concesión logo de petición do solicitante.
Tipo, contía e intensidade da axuda
- Tipo de axuda: Préstamos directos do IGAPE en réxime de concorrencia non competitiva. O préstamo poderá ser bilateral entre o Igape e a beneficiaria, ou sindicado con unha ou varias entidades de crédito.
- Reembolso: os préstamos serán reembolsables nos prazos e coas carencias sinalados no anexo I
- Importe:
- Importe mínimo do préstamo ou da participación do Igape no sindicato bancario será de 500.000 € e o máximo de 5.000.000 €.
- A actuación deberá presentar un custo financiable en activos fixos igual ou superior a 1.000.000 € máis impostos
- Prazo de amortización de ata 12 anos, podendo incluír ata 2 anos de carencia na amortización de principal.
- Intensidade de axuda: non poderá superar o 50 % do custo do proxecto financiable.
- Xuro:
- Ordinario: Fixo con carácter xeral (para os casos de préstamo sindicado, o tipo de xuro será o establecido polas entidades do sindicato bancario, e pode ser fixo ou variable)
- Garantías: nos préstamos bilaterais determinarase en función da dispoñibilidade e das características da actuación; nos préstamos sindicados, serán compartidas coas restantes entidades partícipes no sindicato bancario, na mesma proporción que a participación de cada unha das entidades financiadoras
Presentación de solicitudes
Data límite para solicitudes: 29/12/2023.