A modernización do sector alimentario esixe transformar a xestión dos subprodutos e excedentes nunha vantaxe competitiva estratéxica. Nun contorno empresarial orientado cara á eficiencia dos recursos e á descarbonización, a capacidade de medir con rigor o impacto positivo das accións de sustentabilidade é clave para liderar o mercado actual.
O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), en colaboración co seu socio colaborador Grunver Sostenibilidad, organiza esta xornada técnica en liña no marco de PROALIS+, a plataforma de referencia deseñada para impulsar a sustentabilidade, a circularidade e a competitividade da industria alimentaria galega.
O propósito principal deste webinar é cuantificar canto CO₂eq (e diñeiro) aforran realmente as accións do teu plan de prevención do desperdicio alimentario, xestión de excedentes e iniciativas circulares.
Esta xornada está especialmente deseñada para responsables de Sustentabilidade, Medio Ambiente e Calidade do sector alimentario que busquen calcular os impactos positivos e os aforros de emisións e económicos derivados das accións de eficiencia diaria e sustentabilidade que están a implementar.
ORGANIZA:
![]()
![]()










