Programa orientado a pemes da industria manufactureira para impulsar a súa transición a Industria 4.0.
Programa de asesoramento especializado e personalizado cuxo obxectivo é ofrecer un diagnóstico e análise exhaustivo da situación dixital de partida da empresa e a elaboración dun Plan de Transformación que incluirá a definición, cuantificación e priorización de oportunidades de dixitalización personalizadas..
Convocada pola fundación EOI.
Os beneficiarios son as pemes.
O programa ofrece o diagnóstico e análise exhaustivo da situación dixital de partida da empresa e a elaboración dun Plan de Transformación que incluirá a definición, cuantificación e priorización de oportunidades de dixitalización personalizadas para seren desenvolvidas e implantadas pola empresa beneficiaria.
O asesoramento prestarase a través de reunións individualizadas coas empresas na sede delas, traballo remoto da entidade especializada e a realización de obradoiros temáticos e demostrativos con presentación das tecnoloxías que axuden á empresa beneficiaria a definir o proceso de implantación das accións recollidas no Plan de Transformación Dixital.
Como regra xeral, a duración do programa será de catro meses para cada empresa beneficiaria, cun mínimo de 50 horas de asesoramento e recollido as seguintes etapas:
O prazo permanecerá aberto ata que remate o crédito orzamentario e pode solicitarse na páxina web https://www.eoi.es/es