Programa de asesoramento especializado e personalizado cuxo obxectivo é ofrecer unha análise da situación actual da empresa en materia de Ciberseguridade para coñecer o seu nivel de seguridade e a elaboración dun Plan de Ciberseguridade específico para a mesma cun deseño personalizado de accións de mellora de ciberseguridade.
Ministerio de Industria, Comercio y Turismo. Xestionado pola SGIPYME, as CCAAs e coa colaboración da EOI.
Programa orientado a todo tipo de pemes operando en España, en especial aquelas que desexen mellorar ou potenciar os seus procesos de ciberseguridade.
O programa ofrece a análise da situación actual da empresa en materia de Ciberseguridade para coñecer o seu nivel de seguridade actual e a elaboración dun Plan de Ciberseguridade específico para a mesma, cun deseño personalizado de accións en materia de ciberseguridade, para ser desenvolvido e implantado pola empresa beneficiaria.
O asesoramento prestarase a través de reunións individualizadas coas empresas na sede das mesmas, auditoría técnica e traballo remoto da entidade especializada e a realización de talleres temáticos de sensibilización ás beneficiarias co obxectivo de reforzar a importancia de integrar a Ciberseguridade na súa estratexia empresarial.
Como regra xeral, a duración do programa será de catro meses para cada empresa beneficiaria, cun mínimo de 20 horas de asesoramento e contemplándose as seguintes etapas:
1.º Diagnóstico e auditoría de ciberseguridade da empresa
2.º Elaboración dun Plan de Ciberseguridade.
3.º Taller grupal e peche da prestación do servizo.
Data de finalización: 31 de decembro de 2023.