O programa financia o desenvolvemento de 15 teses de doutoramento na contorna empresarial para favorecer a incorporación de investigadores predoutorais ás empresas e fomentar a transferencia de coñecemento e de resultados de investigación.
Convocado por la Consellería de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional.
Empresas e centros de innovación e tecnoloxía con sede en Galicia que desexen contratar investigadores predoutorais para realizar un proxecto de investigación industrial en colaboración cunha universidade do SUG.
Universidades do SUG que desexen participar na execución dun proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental en colaboración cunha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía en Galicia.
15 teses baseadas en proxectos de investigación que impliquen unha colaboración efectiva entre unha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía, e unha universidade do Sistema Universitario de Galicia (SUG).
As axudas ás universidades estarán destinadas a cubrir os gastos relacionados co desenvolvemento do proxecto no ámbito da universidade
Para a empresa ou centro de innovación e tecnoloxía
Para as universidades do SUG
O importe máximo da axuda concedida á universidade para o desenvolvemento do proxecto de doutoramento industrial será de 5.000€ anuais.
Por outra banda concederase unha axuda de 5.000 € ao grupo de investigación, centro ou departamento en que se integre a persoa directora ou codirectora da tese de doutoramento polos gastos de dirección e titorización da investigación, gastos de coordinación e administración, gastos informáticos, gastos de servizos, gastos de equipamento e gastos de investigación propios do grupo, etc.
Pode presentar a súa solicitude ata o 18 de agosto de 2025 na seguinte ligazón.









