Obxecto da axuda
Estas axudas están destinadas a pemes e grandes para incrementar a súa competitividade a través da aplicación do deseño, da xeración e incorporación de coñecementos, tecnoloxías e innovacións destinadas á mellora de procesos e á creación de produtos e servizos tecnoloxicamente avanzados.
Organismo convocante
Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
Beneficiarios
- Pequenas e medianas empresas galegas cun centro de traballo en Galicia para as liñas 1 e 2.
- Grandes empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia para a liña 2.
Actividades elixibles
Son actividades enfocadas a implementar melloras significativas nas funcións empresariais relacionadas coa produción, deseño, prestación e distribución de produtos, bens e servizos, así como nos métodos organizativos e prácticas comerciais empregadas pola empresa, e que permitan incrementar a capacidade innovadora e de deseño dando lugar a diferencias substanciais. Seguen as seguintes liñas:
- Liña 1. Plans de innovación en procesos e organización.
- Liña 2. Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade.
Gastos elixibles
- Custos de persoal, propio ou de nova contratación.
- Subcontratacións: aquelas actuacións contratadas con terceiros, que supoñan a execución dunha parte das actividades incluídas no plan que constitúe o obxecto da subvención.
- Custos de material, subministros e produtos similares.
- Custos de obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais, así como a obtención de certificacións.
- Custos de servizos de asesoramento en materia de deseño e/ou innovación empresarial.
- Custos de servizos de apoio en materia de innovación: o subministro ou accesos a bases de datos, bibliotecas, estudo de investigación de mercados, laboratorios, etiquetado de calidade, ensaio, experimentación e certificación ou outros servizos relacionados.
- Custos de adquisición de propiedade industrial.
- Custos de equipamento e material instrumental inventariables, de nova adquisición.
Tipo, cuantía e intensidade da axuda
- Tipo: Concorrencia competitiva – canónica
- Contía: O presuposto subvencionable para cada plan será dun mínimo de 50.000 € e dun máximo de 250.000€. O orzamento total da convocatoria é de 4.000.000,00 €.
Intensidade: a intensidade da axuda é do 50% para pemes e do 25% para grandes empresas (pode incrementarse ata 40% no caso de plans para o desenvolvemento experimental de proxectos de deseño postos en marcha por grandes empresas).