Programa Ticket Innova

Obxecto da axuda 

A finalidade destas axudas é a de incentivar o uso de servizos para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación polas pequenas e medianas empresas (pemes), en especial, polas pertencentes a sectores tradicionais non intensivos en innovación. 

Organismo convocante 

Convocado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). 

Beneficiarios 

Pemes galegas ou cun centro de traballo en Galicia. 

Actividades elixibles 

Existen 6 modalidades de tickets Innova: 

  1. Estratexia e xestión da innovación.
  2. Deseño para a innovación.
  3. Xestión da protección do coñecemento da innovación.
  4. Certificacións para as deducións fiscais en I+D+i.
  5. Preparación de propostas a programas e axudas europeas.
  6. Deseño de novos procesos ou servizos baseados en tecnoloxías dixitais emerxentes. 

Gastos elixibles 

Serán subvencionables os custos de contratación de servizos externos especializados en materia de innovación e desenvolvemento tecnolóxico (empresas especializadas en innovación e centros tecnolóxicos) efectuados desde o 1 de xaneiro de 2025 ata a data da solicitude da axuda.  

  1. a) Estratexia e xestión da innovación.

– Estudos de viabilidade tecnolóxica e industria. 

– Estudos de vixilancia tecnolóxica e estado da técnica. 

– Auditoría/consultaría en produto/servizo. 

– Estudos de mercado, ensaios, análises e validación experimental de novos prototipos de novos produtos e/ou servizos, procesos piloto, novos métodos ou materiais. 

– Obtención de certificacións de normas oficiais vinculadas á actividade innovadora. 

– Asesoramento para a identificación, monitorización e acompañamento de licitacións de CPI (compra pública de innovación). 

– Actividades de deseño industrial, enxeñaría e posta a punto de novos sistemas de produción vinculados a novos produtos, procesos ou servizos diferenciadores. 

  1. b) Deseño para a innovación.

– Conceptualización e deseño de novos produtos e servizos diferenciais. 

– Deseño de marca e identidade corporativa. 

  1. c) Xestión da protección do coñecemento da innovación.

– Asesoramento na xestión da protección do coñecemento da innovación industrial, patentes, marcas comerciais e deseños industriais, etc. 

  1. d) Certificacións para as deducións fiscais en I+D+i.
  2. e) Preparación de propostas a programas e axudas europeas.
  3. f) Deseño de novos procesos ou servizos baseados en tecnoloxías dixitais emerxentes.

– Realidade aumentada, a impresión 3D, a automatización avanzada e robótica, así como internet das cousas ou sistemas intelixentes embebidos.

– Sistemas de intelixencia artificial (intelixencia de negocio, big data e similares).

– Ciberseguridade.

Tipo, cuantía e intensidade da axuda 

  • Tipo: en réxime de minimis.
  • Contía: O importe mínimo de gasto subvencionable deberá acadar os 10.000 € ata 60.000 €. E será unha subvención de 8.000 € ata 48.000 €.
  • Intensidade: Concederase unha axuda do 80 %, ata un máximo de 48.000 €, para os gastos realizados pola empresa beneficiaria durante o período subvencionable.

Presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2025 ata as 14h e pode realizarse a través da seguinte ligazón: https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual 

Event Schedule Details

  • 30 Setembro 2025
Compartir
Engadir ao Calendario