Obxecto da axuda
Programa Ticket Innova: axudas para a contratación de servizos externos de innovación e desenvolvemento tecnolóxico.
Organismo convocante
Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.
Beneficiarios
Pemes con forma de sociedade mercantil e con centro de traballo en Galicia.
Actividades elixibles
- Contratación de servizos externos, realizados e pagados, vinculados aos seguintes “tickets”:
- Estratexia e xestión da innovación (viabilidade, vixilancia, auditoría de produto/servizo, ensaios, testeo e validación, certificacións vinculadas á innovación, CPI, deseño industrial e enxeñaría de novos sistemas).
- Deseño para a innovación (deseño de produto ou servizo, marca e identidade).
- Protección do coñecemento (patentes, marcas, deseños industriais, etc.).
- Certificacións para deducións fiscais en I+D+i.
- Preparación de propostas a programas e axudas europeas.
- Deseño de novos procesos ou servizos con tecnoloxías dixitais emerxentes (realidade aumentada, impresión 3D, robótica, IoT, IA/big data, ciberseguridade).
- Diagnósticos de madurez do dato.
Gastos elixibles
Gastos derivados da contratación dos servizos externos vinculados aos tickets subvencionables.
Tipo, cuantía e intensidade da axuda
- Orzamento da convocatoria: 1.000.000 €.
- Intensidade: 80% do gasto subvencionable.
- Gasto subvencionable: desde 5.000 € ata < 37.500 €.
- Subvención: desde 4.000 € ata < 30.000 €.
Presentación de solicitudes
Prazo: do 26/01/2026 ao 30/09/2026.